Galicia en Foco
Galicia en Foco naceu en Ferrol en 1989. É unha traxectoria marcada polo traballo dos profesionais do fotoxornalismo galego e o primeiro movemento fotográfico que se realiza desde Ferrol para toda a Comunidade Autónoma, tendente a reivindicar o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia, avalada en toda a súa dimensión polos máis de 250 reporteiros que acudiron ás convocatorias.
A mostra fotográfica, serve de recompilación e crónica anual do acontecer e sentir do pobo galego, recollido nas súas diversas facetas nos medios de comunicación pero tamén para espertar o interese do público pola obra dos nosos realizadores gráficos, que se coñezan os seus nomes, a súa profesionalidade e a súa identificación coa Galicia contemporánea que eles mesmos documentan.
O Club de Prensa de Ferrol convoca
a edición Nº 33 de "Galicia en Foco"
a edición Nº 33 de "Galicia en Foco"
Podes ler a noticia completa aquí