A revista FerrolAnálisis foi creada polo Club de Prensa de Ferrol (Asociación sen ánimo de lucro que agrupa aos profesionais e colaboradores dos "medios"), en 1990.
Naceu ao fío da tradición existente en Ferrol, prolífico en publicacións, emanada dun amplo grupo de persoas vinculadas directa e indirectamente aos medios de comunicación; desexosos de exercitar metodicamente a reflexión coa maior transparencia posible, libre de prexuízos, xurdida do libre pensamento sen fronteiras, vertebrando a súa temática do local ao universal.
Segundo Antonio López Pita, Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade Complutense de Madrid e da Cátedra Jean Monet de Cultura-Xurídica europea e colaborador de FerrolAnálisis:
"Tipográficamente, é unha xoia. Hai que ver o esmero co que está coidada a composición de cada páxina. Obviamente, non ten cabida no mercado. Eu diría máis ben, emendando a plana ... é un ben público".
As seccións habituais na revista FerrolAnálisis son:
Pensamento e Política | Arte e Arquitectura |
Sección Literatura |
Ferrolterra Perfís |
Sección Comunicación | Curso C. Gurméndez |
Sección Historia | Ciencia e Tecnoloxía |
Defensa e Seguridade |