En 2016 o Club de Prensa de Ferrol estrea unha nova actividade, "Conversas no Parador", reunión de medios de comunicación e axentes sociais e empresariais segundo cada ocasión, con algunha personalidade relevante na vida de Ferrol.

O 20 de xaneiro é o Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, primeiro invitado, quen acepta, inaugura e sométese durante unha hora na primeira das Conversas ás preguntas dos profesionais e convidados asistentes, sen guión preestablecido.

O acto tivo unha fantástica acollida en prensa, radio e televisión autonómica.
Deixamos aquí algunhas ligazóns no diferentes medios:

La Voz de Galicia
Diario de Ferrol
Ferrol360
Pingota Comunicación
Galicia Ártabra
Conversas no Parador · 18 mayo 2016

II Edición. Ferrol, 24 de febreiro de 2016

A 2ª edición de Conversas non Parador, do Club de Prensa de Ferrol reuniu nesta ocasión ao Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso cos medios de comunicación da cidade.

Conversas no Parador · 18 mayo 2016

III Edición. Ferrol, 10 de marzo de 2016

A 3ª edición das Conversas no Parador tivo como convidado ao maxistrado José Luís Aulet, quen departiu e contestou as preguntas dos xornalistas sobre a Semana Santa Ferrolá, nas súas vertentes relixiosa, social e como motor económico na cidade.

Conversas no Parador · 20 abril 2016

IV Edición. Ferrol, 20 de abril de 2016

D. Juan Antonio Rodríguez-Villasante, membro do ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios), académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e comisario para o estudo e conservación do Patrimonio Histórico de Ferrol, participou na IV edición das Conversas no Parador de Ferrol, sobre a Candidatura de Ferrol para ser nomeada Patrimonio da Humanidade.

Conversas no Parador · 18 mayo 2016

V Edición. Ferrol, 18 de maio de 2016

O Parador de Turismo de Ferrol acolleu a 5ª edición das Conversas non Parador. Nesta ocasión o invitado foi o Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela. O invitado departiu e contestou as preguntas dos xornalistas sobre temas da súa competencia na Consellería, e sobre política local de Ferrol.