Publicacións
Sendo un dos obxectivos fundacionais a defensa da cultura, o Club de Prensa de Ferrol ven traballando intensamente na publicación de distintos libros e revistas, para promover un mellor coñecemento da nosa contorna, físico, cultural e político. A publicación principal do Club é a revista FerrolAnálises, cuxo primeiro número, dedicado a Ferrol, foi publicado en 1980, contando en 2021 con 32 números. Xunto á revista FerrolAnálises, o Club edita Cadernos, un suplemento cuxo primeiro número foi publicado en 1989.
Para difundir o traballo dos xornalistas gráficos que traballan en Galicia créase Galicia en Foco, certame que recolle o traballo dos fotoxornalistas que traballan na nosa comunidade. Froito da colaboración da Deputación Provincial da Coruña e a Xunta de Galicia co Club de Prensa realízase anualmente o certame, a publicación do catálogo e as exposicións correspondentes. O 1º recolle as imaxes dos fotoxornalistas publicadas nos distintos medios de comunicación durante 1988, o catálogo vería a luz en 1989.
Ademais destas publicacións de carácter periódico, o Club publicou e colaborou noutras publicacións: