Xulio Ríos presentou o seu libro “ Pepe Castedo. Vida y Azares. De la Guerra Civil Española a la Revolución Cultural China”
O Ateneo Ferrolán acolleu o venres 13 de decembro a presentación do libro publicado por Teófilo Ediciones, “Pepe Castedo. Vida y Azares. De la Guerra Civil Española a la Revolución Cultural China" do que é autor o escritor e prestixioso experto en China Xulio Ríos.
O libro, encadernado en tea, con tapa dura, de cor vermello e pequeño formato, está escrito en español e en chinés, e nel o seu autor Xulio Ríos nos pon ante a figura de Pepe Castedo, unha peculiar figura de ascendencia ferrolá por parte de nai, aunque nado en Madrid, republicano exiliado trala Guerra Civil española que despois dun periplo por Francia e Rusia, marcha a Pekín en 1964 onde chega a impartir docencia de español a altos funcionarios da China de Mao.
No acto de presentación, participaron xunto a Xulio Ríos, o xornalista e escritor Nicolás Vidal e a presidenta do Club de Prensa Xulia Díaz, quen como representante da entidade organizadora, agradeceu a ambos a súa presencia para divulgar e axudar a coñecer a un ferrolán tan relevante e escasamente coñecido en Ferrol.
Tras salientar algúns dos aspectos singulares da vida de Pepe Castedo que aparecen no libro, Nicolás Vidal, mantivo co autor un interesante diálogo no que os asistentes ao acto foron descubrindo a figura de Pepe Castedo.