O Museo de Cerámica Xosé Pérez Porto de Esmelle e o Club de Prensa de Ferrol, homenaxean a Xoxé Vizoso no seu “Día da Ilustración”


Ferrol, 01 de febreiro de 2025

O Club de Prensa de Ferrol coa colaboración do Concello de Ferrol, que cedeu o Centro Cultural da nosa cidade, organizou o pasado xoves día 30 un acto co gallo do “Día da Ilustración” no que o profesor Suso Basterrechea impartiu unha palestra sobre os novos retos da ilustración de hoxe. Una celebración de homenaxe ao ilustrador, muralista e ceramista mindoniense Xosé Vizoso a quen este ano 2025 se dedica o Día da Ilustración que desde 2014 veñen organizando a Xunta de Galicia e a Asociación de Ilustradores Galegos (AGPI).

O homenaxe a Xosé Vizoso, tivo continuidade o venres 31 de xaneiro no Museo de Cerámica “Francisco Pérez Porto” no que a súa directora Carme Romero fixo unha demostración de como se fai paso a paso unha peza de cerámica partindo do debuxo ata chegar ao proceso de cocción. E nada mellor que facelo neste continente, pequeno na súa superficie pero grande no seu contido como é este museo que da abeiro á obra de Francisco Pérez Porto do que a xente de Esmelle debe sentirse fachendosa. Carme Romero fixo entrega ao Club de Prensa dunha peza cerámica inspirada nun debuxo de Xosé Vizoso que o Club lle encargou como agasallo ao homenaxeado.