O Libro “Fuxir de Proxeria” de Manuel Blanco Desar foi presentado no Ateneo Ferrolán
O Venres 18 de outubro o Ateneo Ferrolán acolleu o acto de presentación do libro “Fuxir de Proxeria” de Manuel Branco Desar. No libro o autor trata o tema da crise demográfica que se está a dar no mundo occidental e en especial en Galicia.
O acto de presentación, organizado polo Club de Prensa de Ferrol, contou coa presencia de autor, Manuel Blanco, da historiadora e directora da revista FerrolAnálisis, Esperanza Piñeiro de San Miguel e a presidenta do Club de Prensa, Xulia Díaz.
Segundo o autor, que presentou a súa novela no municipio de Negueira, que cos seus 218 pode ser un reflexo do que pode acontecer na Galicia rural se non se toman medidas contra a crise demográfica, a obra conta unha historia de amor desenvolta nunha distopía imaxinaria que se desenrola en 2080, tendo como tema o declive demográfico. En Proxeria os maiores exercen o goberno e obrigan aos mozos a cumprir cos servicios civís e sociais. O que acontece na historia danos claves internas do problema demográfico.
Manuel Blanco Desar (Compostela, 1965) é economista, avogado e politólogo, especialista en temas internacionais, dereito da competencia e políticas públicas europeas. Subd. Xeral de Análise e Programación, tamén é membro da Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega e do Padroado do Museo do Pobo Galego.
Entre outros galardóns literarios, obtivo o Premio San Clemente de Relatos (USC). Ten publicado en Dorna -Expresión Poética Galega-. Foi colaborador e articulista en El Correo Gallego. Diario 16. Atlántico Diario e La Voz de Galicia onde mantivo a columna “A síndrome G”, na que tratou durante longo tempo os problemas demográficos do país. Xunto con outros autores participou no volume colectivo Berra liberdade a prol de Amnistía Internacional. Entre a súa obra atópase Nos dominios da incerteza. Historias económicas (Sotelo, 2007). Asemade dirixiu e editou o volume Galicia: un pobo con futuro?. O noso devalo demográfico (Xerais, 2014)