A Casa da Xuventude Ares acolle a mostra da 27 edición de “Galicia en Foco”
Ferrol, 28 de setembro de 2019
O pasado venres 27 de setembro inaugurouse na Casa da Xuventude de Ares a exposición da 27ª edición de “Galicia en Foco”. O acto contou coa presenza da concelleira de Cultura do concello de Ares, Alma Barrón e os vogais do Club de Prensa de Ferrol Margarita Canido e Xoán Rubia, así como numeroso público. Como novidade cabe subliñar que os alumnos da escola unitaria de Ares votarán á fotografía que máis lles chame a atención da mesma. A mostra permanecerá en Ares ata o día 18 de outubro, e a finais de mes será presentada no Concello de Fene, evento do que vos teremos informados.