Presentación del libro FUÍMOS NOSOTRAS. Las primeras parlamentarias de la democracia
A apaixonante crónica sobre as ignoradas primeiras parlamentarias da democracia española que baixo o título FUIMOS NOSOTRAS. Las primeras parlamentarias de la democracia, realizou a xornalista Magís Iglesias, foi presentada o xoves 24 de outubro ante un público que encheu o salón de actos da Xunta de Galicia e no que figuraban o actual alcalde, Ángel Mato (PSOE), e os ex alcaldes, Couce Pereiro (PSOE) e José Manuel Rey (PP). A autora estivo acompañada pola deputada constitucionalista ferrolá, e unha das protagonistas da obra, Nona Inés Vilariño; o xornalista, ex director de "El Progreso", Lois Caeiro e Julia Díaz Sixto, presidenta do Club de Prensa de Ferrol, entidade organizadora.
Na súa intervención a presidenta do Club de Prensa, salientou o rigor na investigación que a autora levou a cabo para contextualizar e visibilizar o labor das mulleres que protagonizaron os inicios da democracia. Lois Caeiro destacou a profesionalidade e o rigor como características da súa traxectoria. Nona Inés lembrou emocionada a súa incorporación á política na chegada da democracia e fronte aos malos momentos derivados naquelas circunstancias do escaso ou nulo empoderamento da muller no papel da política mostrouse orgullosa, con todo, de ter o privilexio de formar parte do colectivo de 27 mulleres "nais" da Constitución, como as cualificou Magis Iglesias, quen reivindicou o seu esforzado traballo para sinalar que o obxectivo da súa obra non era outro que visibilizar, precisamente, o papel daquelas parlamentarias, que o tempo parece condenar ao esquecemento.
Magis Iglesias (Vigo, 1956), que nos seus comezos foi correspondente de "Ferrol Diario", desenvolveu durante 25 anos a crónica parlamentaria e foi a primeira muller que presidiu (2008) a Federación de Asociacións de Prensa de España (FAPE).