O libro-Cd “Paco Montero canta a Lumieira de Carvalho Calero” presentado ao público no Teatro Jofre
O libro-disco “Paco Montero canta a Lumieira de Carvalho Calero”, foi presentado o venres 10 de xaneiro no Teatro Jofre, no transcurso dunha gala que contou coa participación do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, o Presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, o Alcalde de Ferrol, Ángel Mato e a filla de Carvalho Calero, Mª Victoria Carballo-Calero Ramos.
Trala intervención das diversas personalidades, Paco Montero, acompañado polo grupo musical FERIÁTRICOS comezou a súa actuación, na que participaron as cantoras Belén e L. Buche, ofrecendo unha selección de poemas de Carvalho Calero que musicados por Paco Montero figuran no Libro-Cd, que foi obsequiado aos asistentes.
Na organización do acto colaboraron a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello de Ferrol, a Real Academia Galega e o Club de Prensa de Ferrol.