O Forum Metropolitano da Coruña, acolle a exposición “Galicia en Foco” do 17 ao 31 de xaneiro


Ferrol, 18 de xaneiro de 2020

Ás 19:00 horas do venres 17 de xaneiro tivo lugar no Forum Metropolitano (Parque Europa) a inauguración da Exposición Galicia en Foco que organiza o Club de Prensa de Ferrol. A mostra, que comeza a súa itinerancia na Coruña, amosa os traballos presentados polos fotoxornalistas galegos á 28 Edición de Galicia en Foco e recolle as súas imaxes que ao longo de 2018 reflexaron o acontecer de Galicia.

A exposición conten as fotos premiadas nesta edición que foron “ Alcoa non se pecha”, tomada por Ángel Manso e publicada o martes 23 de outubro de 2018 no xornal “La Voz de Galicia”, que obtivo o “Premio do Ano Galicia en Foco”, e a serie “El perdón de los pecados” de Agostiño Iglesias, publicada o 30 de Agosto de 2018 no xornal “La Voz de Galicia” que obtivo unha mención de honra.

Galicia en Foco naceu en Ferrol en 1989. É unha traxectoria marcada polo traballo dos profesionais o foto-xornalismo galego. É o primeiro movemento fotográfico que se realiza desde Ferrol para toda a Comunidade Autónoma, tendente a reivindicar o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia, avalada en toda a súa dimensión pola numerosa participación de reporteiros que estes anos acudiron á convocatoria.

A Exposición permanecerá aberta ata o 31 de Xaneiro, para continuar despois o percorrido en Lugo e outros lugares de Galicia.