O fotoxornalista Adra Pallón recibe o premio “Serie do Ano de Galicia en Foco”


Ferrol, 25 de febreiro de 2023

O primeiro andar do centro cultural centro cultural Torrente Ballester de Ferrol converteuse este sábado 23 de febreiro, no escenario da entrega do Premio "Serie do Ano" do certame Galicia en Foco, convocado polo Club de Prensa de Ferrol, ao fotoxornalista Adra Pallón, autor das imaxes que conforman a serie "Cinza e Lume".

Distribuída pola Agencia EFE e publicada o 7 de outubro en varios periódicos como Viva Lugo, El Progreso, Faro de Vigo, 20 Minutos , como peza informativa sobre os efectos que asolaron Ribas de Sil e que foron os peores do ano en Galicia. O galardón, consta dunha figura de Sargadelos que fora especialmente deseñada por Isaac Díaz Pardo para este certame, así como unha dotación económica de 1.000 euros.

A obra premiada forma parte da exposición cos traballos presentados e seleccionados no certame e que até o próximo 12 de marzo pode verse no centro cultural Torrente Ballester, para iniciar daquela un percorrido por outros lugares da comunidade galega.