O Filósofo Carlos Gurméndez será homenaxeado en Pontedeume o sábado 13 de Xullo


Pontedeume, 10 de xullo de 2024

Cunha ofrenda floral ás 17 horas do sábado 13 de xullo ante o monolito do Mirador de Centroña, o Concello de Pontedeume e o Club de Prensa de Ferrol darán comezo ós actos de homenaxe ao filósofo do amor e das paixóns Carlos Gurméndez que tivo a Pontedeume como lugar de reflexións e achegamento ás actividades do Club de Prensa de Ferrol, entidade que na súa memoria ven de celebrar a 25ª edición do Curso de Pensamento e Comunicación “Carlos Gurméndez” a pasada semana no Campus de Ferrol da UDC, e que tivo en Pontedeume o seu inicio.

Os actos presididos polo Alcalde de Pontedeume Bernardo Fernández e Alejandra Bellón, concelleira de Comercio, Educación e Cultura, continuarán na Casa da Cultura de Pontedeume, onde as 17:30 terá lugar a inauguración da Exposición de fotoxornalismo Galicia en Foco. Posteriormente procederase á presentación do libro da autoría do xornalista e presidente de honra do Club de Prensa Germán Castro Carlos Gurméndez. Galicia e os espazos abertos de Ferrolterra”.

Os actos finalizarán coa lectura dramatizada da obra a cargo dos actores Loreto de Castro e Manuel López da obra Gurméndez nun café de Delft” da que é autor Eduardo Fra Molinero e Xosé María Dobarro, tradutor da mesma ao galego, posta en escena para a ocasión por Helga Méndez.