O Club de Prensa de Ferrol e o Concello de Pontedeume Homenaxean ao filósofo Carlos Gurméndez


Pontedeume, 13 de xullo de 2024

O filósofo Carlos Gurméndez levounos de novo a Pontedeume. Alí diante o Monolito do Mirador de Centroña o Concello de Pontedeume e o Club de Prensa de Ferrol rendéronlle unha homenaxe cunha ofrenda floral ao compás da música do Cuarteto Airiños do Eume.

Ás 17:30 horas xa na Casa da Cultura de Pontedeume inauguróuse a exposición Galicia en Foco que permanecerá aberta ata o 21 de xullo e poderá ser visitada de 19:00 a 21:00 horas. Ás 18:00 de novo achegámonos á figura de Gurméndez coa presentación do libro de Germán Castro, "Carlos Gurméndez e os espazos abertos de Ferrolterra", que ao traveso dun vídeo e da súa concepción da obra ilustrounos sobre as dimensións filosóficas e literarias de Gurméndez. Posteriormente, a Obra teatral "Gurméndez nun café de Delft" que escrita por Eduardo Fra Molinero fora representada cando os cursos Gurméndez tiñan acollida en Pontedeume.

Nesta Ocasión e con motivo do 25º aniversario da celebración do Curso Carlos Gurméndez, a obra, traducida para a ocasión polo Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da UDC, Xosé María Dobarro, foi representada por Loreto Castro e Manuel López, e dirixida por Helga Méndez de Maquinarias Teatro.

Unha tarde especial na que unha vez mais desde Pontedeume, puidemos homenaxear a Carlos Gurméndez. Desde o Club de Prensa de Ferrol, agradecemos a todas e todos a acollida en Pontedeume e nomeadamente ao Tenente de Alcalde, José Simoes; á Concelleira de Facenda e Servizos Sociais, Rosario Huertas, a Alejandra Bellón e a quenes na tarde de hoxe 13 de xullo nos acompañaron.