Descripción del proyecto

O Club de Prensa de Ferrol convoca o VI Premio de Xornalismo "Luis Mera"


Ferrol, 15 de xuño de 2020

Co obxecto de estimular a calidade da produción xornalística na prensa escrita, na radio, na televisión ou na difusión dixital referida ás bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal, o Club de Prensa de Ferrol convoca o VI Premio de Xornalismo "Luis Mera". A convocatoria do Premio está aberta para os traballos publicados ao longo do ano 2019 en prensa escrita, radio, TV, ou en medios dixitais. O prazo da recepción dos traballos finaliza o vindeiro 8 de xullo de 2020.

O Premio está dotado con 1.000 euros, diploma acreditativo e alegoría artística, creada polo artista Manuel Patinha. O fallo do xurado será feito público o sábado 18 de xullo de 2020.

Os traballos que se presenten ao premio, dos que solo se admitirá un por autor, poderán enviarse por correo electrónico a esta dirección ou por correo postal ao VI PREMIO DE XORNALISMO “LUÍS MERA”. CLUB DE PRENSA DE FERROL. Apdo. de Correos 283. 15480 Ferrol.

Podes consultar as bases aquí, acceder ao formulario de inscrición ou ben visitar directamente a páxina do premio.