O alumnado de 3º e 4º de ESO do CPI de Ares, visita a Exposición Galicia en Foco


Ferrol, 02 de abril de 2025

O Blog do Equipo de Normalización Lingüística do Centro Público IntegradoAs Mirandas” recolle a visita que os alumnos de 3º e 4º de ESO, realizaron á exposición Galicia en Foco que ata o 11 de abril mostrouse ao público na Casa da Xuventude do Concello de Ares.

Desde o Club de Prensa de Ferrol, agradecemos unha vez mais ao Concello de Ares a acollida e atención que veñen dispensado a todas e cada unha das Edicións de Galicia en Foco, e aos alumnos do CPI “As Mirandas”, que visitaron a exposición, as fermosas palabras que lle dedican no devandito Blog e que temos a satisfacción de ofrecerlles.

Martes, 01 de abril de 2025

Hoxe, o alumnado de 4º e 3º de ESO tivemos a oportunidade de achegarnos á Casa da Xuventude para visitar a exposición “Galicia en Foco”. Esta mostra fotográfica, que xa chega á súa 33ª edición, é un verdadeiro agasallo para os amantes do fotoxornalismo e da cultura galega. Ao entrar na sala, fomos recibidos por unha serie de imaxes que capturan a esencia da nosa terra. Cada fotografía é unha crónica visual que narra os grandes acontecementos que a sociedade galega viviu nos últimos tempos. Desde festivais tradicionais até momentos de cambio social, cada instantánea contaba unha historia que nos conectaba co noso entorno. A través da óptica dos fotoxornalistas, puidemos apreciar o seu labor e profesionalidade, que se traduce en imaxes poderosas e cheas de significado. É impresionante ver como cada fotógrafo consegue facturar a esencia do momento, convertendo a súa mirada en testemuña da Galicia contemporánea. A verdade é que as fotografías nos impresionaron moito. Cada unha delas era un convite a mergullarnos na historia que contaban, e a todos nos gustou moito a exposición.

Recomendamos a todo o mundo que se achegue a visitala, non vos deixará indiferentes.

Fotografías cortesía do CIP "As Mirandas"