Galicia en Foco, na Casa da Xuventude de Ares


Ares, 25 de marzo de 2025

Un ano mais, o Concello de Ares acolle a Exposición do Fotoxornalismo Galego "Galicia en Foco" por xentileza da Concelleira de Cultura, Alma Barrón, a quen agradecemos un ano máis a súa acollida.

Alí permanecerá mostrando as fotografías da súa 33ª Edición desde o 25 de marzo ata o 11 de abril.  As horas de visita son de luns a venres de 10 a 13 horas e os venres de 19 a 21 horas.

Ares é un Concello onde á Exposición é moi visitada e valorada polos rapaces dos diferentes colexios que a visitan e que ademais fan a súa especial valoración das distintas fotografías expostas, nun exercicio de achegamento e valoración á realidade sociocultural galega do ano que documenta a exposición.