Miguel Muñiz obtén o Premio “Galicia en Foco 2022”, e Xoán Soler recibe una mención de honra do xurado, na XXXII Edición do premio de fotoxornalismo que convoca o Club de Prensa de Ferrol


Ferrol, 15 de decembro de 2023

A serie de Miguel Muñiz “Prestige, 20 anos despois…” publicada no diario ABC, o 22 de novembro de 2022, obtivo o Premio de Fotoxornalismo “Galicia en Foco 2022” que outorga o Club de Prensa de Ferrol e que acada a súa 32ª edición. A serie premiada foi valorada polo xurado “polo seu compromiso amosado á hora de devolver á actualidade informativa unha historia inacabada, a da traxedia do Prestige, recuperando vinte anos despois os rostros dos homes e mulleres que ilustraron e exemplificaron a loita de toda a sociedade contra o chapapote”, polo que é merecente de ser elexida como Serie do Ano 2022.

Ademais o xurado do certame acordou conceder una "mención de honra" a Xoán A. Soler, pola súa foto “Loita”, publicada no xornal La Voz de Galicia, o 13 de outubro de 2022, “pola súa capacidade para captar nunha imaxe de profunda humanidade, a realidade dunha familia que convive e fai fronte día a día a a unha enfermidade tan cruel como a esclerose múltiple e as súas consecuencias”.

A entrega do premio, dotado con 1.000 euros, e unha figura alegórica de Sargadelos creada para o certame Galicia en Foco por Isaac Díaz Pardo, terá lugara finais do mes de decembro, no Centro Torrente Ballester de Ferrol, coincidindo coa inauguración das obras participantes nesta edición.

O Xurado da XXXII Edición de Galicia en Foco estivo constituido por Rodrigo Ramos Ardá, Gala Santalla, Lucas Rey Seoane e Xulia Díaz, actuando como secretario, con voz pero sin voto, Xoán Rubia.