Entrega del "2º Premio de Periodismo Luis Mera"


Ferrol, xullo de 2016

30 paneis con 60 caricaturas encheron onte a sala de exposicións da Galería Sargadelos para mostrar a arte de 30 caricaturistas ferroláns, galegos, españoles, portugueses, italianos, brasileiros e australianos, que, pola calidade dos seus traballos, mereceron chegar a esta Mostra de Finalistas nos Certames Juan Carlos Alonso, para maiores de 20 anos, e Álvaro Cebreiro, para menores.

Os finalistas no Certame Álvaro Cebreiro, que optan a unha beca para ampliación de estudos artísticos, cun importe de 600 euros e trofeo, son: Aldara, A. Simal, C. Fojón, M. Palmeiro, R. Fernández e R.Varela.

Os finalistas no Certame Juan Carlos Alonso, que optan a un premio de 1000 euros e trofeo, son: Abrahan Carreiro, Abraldes, Alejandro, Antonio Santos, Carlos Silvar, Carmen Martín, Cau Gómez, César Ordóñez, David García, Elga, Estrada, Gío, Aldeguer, Kiko da Silva, María Alcañiz, Mario Rodríguez, Omar, Onofre, Paco Gurmán, Pedro Silva, Sandra, Sex, Toni e Turcios.

O xurado segue deliberando e de momento non se pode adiantar ningún posible gañador en ningunha das categorías.