Galicia en Foco como resposta


Ferrol, xullo de 2016

O fotógrafo de prensa foi durante moito tempo o parente pobre no xornalismo. Tiveron que ser eles, os fotógrafos, excelentes profesionais a maioría, quen fixesen valer os seus dereitos de xornalistas gráficos, en pé de igualdade cos redactores. E gañaron, e Galicia en Foco converteuse nunha mostra de recoñecento ao seu labor, que desde o Club de Prensa de Ferrol chegou primeiro a toda Galicia e despois tamén a Portugal. Non sempre unha imaxe vale por mil palabras, pero as que cada ano, desde hai vintacinco, ofrece a mostra Galicia en foco din tanto como artigos de fondo, como editoriais, polo moito que mostran e o que suxiren.

Nesta XXV edición, que se pode visitar ata o día 31 de xullo en Afundación, vólvese demostrar canta arte hai no fotoxornalismo galego.