Centenario de Borobó
Ferrol, xullo de 2016
O Club de Prensa de Ferrol súmase aos actos conmemorativos do nacemento do xornalista Raimundo García Rodríguez, que popularizou o seudónimo de Borobó, e que xogou un papel importantísimo a prol do xornalismo galego en 1946, cando foi director do xornal compostelán La Noche, no que publicaron os máis importantes intelectuais galegos enfrontados ao franquismo. En 1960 dirixiu El Correo Gallego e en 1969 a revista Chan. Foi subdirector de 3E, o primeiro diario económico español; e redactor-xefe de documentación na Axencia Efe. Colaborou en La Vanguardia, ABC, Informaciones, Pueblo, El País, El Imparcial, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego.