Descripción del proyecto

II Festa da Caricatura Cidade de Ferrol: Entrega de premios


Ferrol, xullo de 2016

O venres, día 29, ás 12,30 horas, terá lugar no Parador de Turismo de Ferrol a entrega de premios dos Certames Internacionais de Caricatura Álvaro Cebreiro, para menores de 20 anos, dotado con 600 euros e trofeo; e Juan Carlos Alonso, para maiores de 20 anos, dotado con 1000 euros e trofeo. Ao acto asistirán o concelleiro de Cultura de Ferrol, Suso Basterrechea; o secretario de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lourenzo; un representante da empresa La Estrella de Galicia; membros do xurado de ambos certames, directivos e socios do Club de Prensa. O acto estará aberto ao público.