Descripción del proyecto

II Festa da Caricatura Cidade de Ferrol: Caricaturas para todos


Ferrol, xullo de 2016

A II Festa da Caricatura Cidade de Ferrol rematará o sábado, día 30, coa demostración de seis caricaturistas profesionais –os portugueses Onofre Varela e Antonio Santos; os galegos David Pintor, Abraldes, e Kiko da Silva; e o arxentino Omar Pérez-, que farán caricaturas gratis a quen o desexe, de 12 a 14 horas no Parador de Turismo; e de 12 a 13, 30 horas na Galería Sargadelos.