Conversas no Parador co presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, José Vilariño
O presidente anunciou que foi desestimado o recurso de Acciona contra a adxudicación do ferrocarril a Cañeliñas.
Gran expectación espertou a edición de Conversas no Parador do pasado mércores coa presenza do presidente da Autoridade Portuaria José Manuel Vilariño, expectativa que se viu referendada polo numeroso público que asistiu ao acto, participando no animado faladoiro que precedeu á exposición do invitado. Unha disertación que ilustrou con varias diapositivas sobre o porto exterior e os plans que a Autoridade ten deseñados con obxecto de facer do mesmo unha cita de referencia para os barcos que traerán a Ferrol a ansiada carga de containers. E o acceso por ferrocarril como primeira pedra na infraestrutura dun porto que pretende situarse entre os primeiros de Europa. De todo isto falouse nesta animada "Conversas".
Na foto a presidenta do Club de Prensa, o director do Parador, Presidente da Autoridade Portuaria e o director do Porto de Ferrol.