Entrega do "Premio de Xornalismo Luís Mera" na súa terceira edición


Ferrol, 29 de abril de 2017

A xunta directiva do Club de Prensa e unha representante do xurado reuníronse o sábado 29 de abril, cos premiados nunha animada comida no transcurso da cal lles foron entregados os seus galardóns.

Álvaro Alonso e Marta Fernandez recolleron o primeiro premio consistente nun trofeo orixinal realizado exclusivamente para este evento polo escultor Manuel Patinha e 1.000 euros. A súa achega foi o traballo "A Malata 1986".

Pola súa banda Patrica Abet fíxose cun accésit tamén obra do mesmo artista e 500 euros polo seu artigo "Vivir na rúa. Antes de dar esmola dean os bos días" publicado en ABC Galicia o 3 de xullo de 2016. A peza gañadora publicouse en "Ferrol360". O Club de Prensa aproveita a ocasión para felicitar de novo aos gañadores e desexarlles o mellor no seu labor profesional.

Na foto: Marta Fernández e Álvaro Alonso co seu trofeo e Patricia Abet co seu accésit.