Adrián Vázquez Rodríguez obtén o Premio GALICIA EN FOCO 2020 pola serie "A clase traballadora que fai posible as Festas de San Froilán" na súa 29ª Edición
A serie "A clase traballadora que fai posible as Festas de San Froilán", publicada o 13 de outubro de 2019 no Diario Cultural VIVALUGO do que é autor Adrián Vázquez Rodríguez obtivo o Premio de foto-xornalismo "Galicia en Foco 2020" que outorga o Club de Prensa de Ferrol e que alcanza a súa 29ª edición. A serie premiada foi valorada polo xurado tanto pola calidade de todas e cada unha das fotografías que a conforman, como pola continuidade do discurso narrativo que envolve toda a obra, que se pode ver aquí.
O Xurado da XXIX edición de Galicia en Foco estivo composto por D. Rodrigo Ramos Ardá, D. Daniel Alexandre e Dna. Julia Díaz Sixto. Actuou como secretario, D. Xoán Rubia Alejos.
A entrega do premio, dotado con 1.000 euros e unha figura alegórica de Sargadelos creada para o certame Galicia en Foco por Isaac Díaz Pardo, fixarase para cando as condicións sanitarias de mobilidade permítano, así como a inauguración da Exposición con todas as obras que concorreron ao certame.