O Club de Prensa de Ferrol entregou o “Premio Luís Mera de xornalismo “ a Nicolás Vidal
Iolanda Teixeiro recibiu un accésit


Ferrol, 14 de outubro de 2020

O Parador Nacional de Turismo foi é o escenario este mediodía da entrega do "IV Premio Luís Mera de xornalismo”, que recibiu Nicolás Vidal polo seu traballo "Ferrol, a cidade pendurada dun guindastre”, publicado na revista “Luzes”.

Iolanda Teixeiro recibiu un accésit pola súa obra “O lapis da memoria”, relativo á antiga fábrica de lapis “Hispania”, publicado en “Diario de Ferrol”. En ambos os casos, (o accésit de menor tamaño) o presente é un unha “pluma” deseñada polo artista luso-galaico Manuel Patiña que llo entregou a Iolanda Teixeiro mentres que Nicolás Vidal recibiuno de mans do presidente de honra do Club de Prensa de Ferrol, Man Castro. Este premio está dotado con 1.000 euros.

A titular do CPF, Julia Díaz Sixto, introduciu o acto, que estivo cinguido ás medidas sanitarias polas que se rexe o Parador de Turismo. Lembrou que a entrega sufrira demoras por razón da pandemia, situación que tamén impide celebrar as habituais “Conversas no Parador”. Anunciou, non obstante que outras actividades continuaban adiante e neste contexto dixo que pronto sairía da imprenta o número 32 de “FerrolAnalisis”, publicación que acaba de cumprir 30 anos desde a presentación do número 1.

Nicolás Vidal explicou a xestación do seu traballo, recalcando que Ferrol tiña aspectos positivos que con todo aparecían solapados pola visión negativa alimentada habitualmente polo notable hipercriticismo que aniña na sociedade local. Agradeceu o premio, é a segunda vez que o recibe, e acerca da actividade que veu despregando a entidade organizadora manifestou: “Se non existise o Club de Prensa habería que inventalo!”.

Iolanda Teixeiro, tras agradecer o seu accésit, sinalou que era unha pedagoga de profesión, pero que se sentía unha xornalista de vocación frustrada. Confesou o seu interese polo xornalismo de investigación e tamén de carácter literario.

O xurado estivo integrado por Julia Díaz Sixto, Xoán Barro e Antón Luaces.

Nota: A descarga do artigo premiado é xentileza da Revista Luzes