Adra Padrón (Adrián Vázquez Rodríguez) obtén o Premio “Galicia en Foco” pola serie “Cinza e Lume” na 31ª Edición do certame de fotoxornalismo que convoca o Club de Prensa de Ferrol
A serie de Adra Padrón “Cinza e Lume” distribuída pola Agencia EFE e publicada en varios periódicos como Viva Lugo, El Progreso, Faro de Vigo, 20 Minutos , como peza informativa sobre os efectos que asolaron Ribas de Sil e que foron os peores do ano en Galicia. Uns incendios que deixaron un enorme costo en extinción e emisións de gases de efecto invernadoiro, foi elexida como Serie do Ano 2021.
A foto-reportaxe “Cinza e Lume”, foi valorada polo xurado como unha serie “que nos sitúa nas entrañas dunha devastación forestal e no sentir das persoas que están na línea da loita contra o lume como se pode observar en todas e cada unha das fotos da serie”.
A entrega do premio, dotado con 1.000 euros, e unha figura alegórica de Sargadelos creada para o certame Galicia en Foco por Isaac Díaz Pardo, terá lugar o sábado 25 de febreiro pola tarde, no centro Torrente Ballester de Ferrol,(1º andar) onde se están a exponer todas as obras participantes nesta edición.
O Xurado da XXXI Edición de Galicia en Foco estivo constituido por Daniel Díaz Trigo, Gala Santalla, Ángel García Rey e Xulia Díaz, actuando como secretario, con voz pero sin voto, Xoán Rubia.