Los cañones del 38.1
José López Hermida · 1996 | 76 páxinas
O caderno, totalmente fotográfico, está dedicado a unha das pezas máis senlleiras da artillaría española do século XX que balizaron até hai pouco tempo zonas estratéxicas da costa ferrolá, desde Campelo até A Coruña. As fotografías recollen a secuencia gráfica, de gran valor histórico, na que se describe a chegada a Ferrol dos espectaculares canóns, o seu posterior transporte e o seu definitivo asentamento. O material gráfico foi recompilado no arquivo do Rexemento de Artillaría nº 76 de Ferrol.