Número 26

FerrolAnálisis é, máis que unha antoloxía, unha celebración que conmemora e supera con este número os seus estables vinte e cinco anos no espazo do pensamento e a cultura, toda unha consolidación do proxecto iniciado polo Club de Prensa de Ferrol. E tamén é unha celebración e un recoñecemento para os patrocinadores que percorren desde o seu inicio a traxectoria de FerrolAnálisis.

A consolidación do proxecto editorial mostra tamén o resplandor órfico dos colaboradores, os articulistas, ao pór o pouso da súa creación nos temas e os ritmos que fan sobresaír a FerrolAnálisis no panorama do mundo do pensamento e a cultura en Galicia, en España e en diversos países aos que chega. Este trípode mostra e fai patente que hai artigos de reflexión, científicos ou históricos e que hai onde lelos. É cousa de ter a man a revista.

Descargar