Número 27

FerrolAnálisis navega nas adversas condicións económicas que se nos impoñen -como a tantos outros proxectos culturais- pola inacabada crise sistémica que padece España. Crise sentida e padecida que non nos leva a paralizar o proxecto de FerrolAnálisis, máis aínda, tentamos reforzalo nestes momentos cruciais e perigosos, aínda que se nos crebe momentaneamente algún patrocinador que nun tempo próximo e cunha nova situación económica no país estará novamente con FerrolAnálisis.

De modo que este número segue contra vento e marea seguindo o adagio xesuíta que aconsella “en tempos de tribulación non facer mudanza”. Seguimos pois nesta liña os que pretendemos -editores, patrocinadores e autores- manter a FerrolAnálisis nos parámetros que lle son dados a través dos anos.

Así o afirma o poeta, narrador e crítico literario Xulio López Valcárcel, cando escribe sobre a revista: "Emblemática, referencial... son cualificativos habituais dedicados a FerrolAnálisis, unha das mellores revistas de España no seu xénero, reveladora da gran tradición existente na cidade. De gran interese son os seus traballos e artigos..."

Neste corpus é de xustiza recoñecer o considerable apoio impresor da Deputación da Coruña co seu presidente, Diego Calvo. El sabe pór de relevo o que acontece editorialmente en Ferrol, non só polas consideracións sentimentais, emotivas ou emocionais respecto da cidade mesma, si polos materiais que manexa  FerrolAnálisis.

Descargar