Número 25
FerrolAnálisis chegou ao seu número 25. Na súa incipiente madurez ben pode dicirse que é facedora dun mundo propio, o seu e o dos autores, é dicir, que ten un especial e irredutible xeito de mirar o mundo e as cousas que o rodean.
"Debo confesar que no conocía esta publicación y que me sorprendió su calidad. Pocas veces tenemos la oportunidad de poder disfrutar de artículos de enorme interés como los contenidos en FerrolAnálisis. El tratamiento de cada artículos, la documentación con que se acompañan y la aportación gráfica alcanzan una calidad nada frecuente. Soy consciente del enorme esfuerzo que se necesita para hacer andar una revista y, sobre todo, mantener el alto nivel que han alcanzado. Mi enhorabuena. Manuel Aramburu".
O interesante desta revista, onde estriba a súa excelencia, radica no apaixonado interese de autores, editores e patrocinadores que saben construír unha obra que se perfila de referencia. de aí o noso recoñecemento como editores. Cando unha publicación acada o número 25 despois de 20 anos de existencia, podemos empezar a pensar que se trata de algo ben planeado, moi ben traballado e adecuadamente resolto. Cando esa publicación nace, crece e se desenrola con normalidade e puntualidade nunha cidade como a de Ferrol (que debe ser, sen dúbida, a poboación galega que máis cabeceiras de xornais e revistas tivo en menos anos -101, dende 1845 a 1900-), hai que deducir que estamos diante dunha tarefa periodística seria e ben artellada. Pois iso, de entrada, é o que hai que pensar de FerrolAnálisis, a revista que edita o Club de Prensa de Ferrol e que hoxe chega ó número 25.
Quero facer esta referencia obxectiva ó pasado da revista ata chegar a este presente porque é xusta, en primeiro lugar; pero tamén, porque é unha maneira de recoñecer o traballo de todos os homes e mulleres que estiveron ó principio, ou despois, ou seguen a estar aínda agora, neste proxecto. Sen esquecernos de todos eses lectores que acompañaron sempre a revista e que sabemos que seguen aí, atentos á aparición de cada número ó remate de cada ano. Nin dos nosos patrocinadores, que sempre tiveron fe no produto para o que lles pedíamos unha axuda económica.