El Puerto y los Puertos de Ferrol. El pasado y el futuro

Esperanza Piñeiro de San Miguel, Andrés Gómez Blanco · 2007 | 236 páxinas

Seguindo coa liña de documentación e divulgación que realiza o Club de Prensa cos Cadernos, tantas veces vinculados coa mar e os barcos, como corresponde á nosa cidade, viuse a necesidade de divulgar o legado histórico-fotográfico de singular importancia que acumulaba a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao ao longo de máis de noventa anos.

Este Caderno estrutúrase en catro apartados monográficos que comezan en 1900 e finalizan no século XXI. Unha realidade plasmada neste libro que mostra as diversas e sucesivas actuacións sobre o noso patrimonio industrial e da enxeñaría civil, tan importante para o desenvolvemento industrial e da arquitectura en Galicia.

As imaxes están abertas á interpretación do lector desde a visión de ser un pobo de mar, con pasado mariñeiro e futuro atlántico neste século XXI coa creación do Porto Exterior contraposto ás fotografías románticas que o Caderno ofrece doutros Portos de Ferrol: Mugardos, Fene, etc; ou a propia ampliación de Curuxeiras co cargadeiro de mineral ou o de carbón. Son 235 páxinas cargadas de imaxes que ofrecen a cara real, realísima, de Ferrol neste Caderno que pretende unha aproximación á historia documental do Porto.