Ferrol en Foco. Unha ollada a cidade
18 Fotógrafos · 2007 | 137 páginas
"Ferrol en Foco. Unha ollada a cidade", é un proxecto fotográfico, unha mirada de agasallo que realizan a maioría dos fotógrafos que participan ano tras ano na convocatoria de Galicia en Foco. A eles hai que sumar dous invitados, a fotógrafa letona Rigne Raikstina e o británico da Axencia Magnum Ian Berry. Os 18 fotógrafos definen coas súas imaxes a súa propia capacidade de creación que os caracterizan e sepáranos para ver e destacar Ferrol neste Caderno e a mostra que se realizou na Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria da cidade.
O libro catálogo igual que a exposición ofrece unha mostra variada e distinta da cidade que vai da grúa de cegoña de Navantia vista desde a rúa Coruña ao mítico “muro” que separa cidadáns, países e culturas. As fotos foron realizadas ao longo de 2007 e abarcan os temas das Romarías, Semana Santa, Espazos Urbanos, Medios de Comunicación, Estaleiros. Arsenal e Porto.