Número 20
A edición número 20 de FerrolAnálisis é un fito en se mesma polo redondo número -que marca a súa lonxevidade e estabilidade-, polo aumento de páxinas (40 máis que o anterior) e por dúas novidades que incorpora este número: nova dirección e consello científico. María Ares Sanmartín, membro do consello de redacción asume a dirección e 13 personalidades das letras, as artes e as ciencias compoñen o consello científico.
A publicación ábrese en tres traballos ao redor de Franco e a Guerra Civil, obra de Paul Preston e o psiquiatra Francisco Martínez López, pechando este capítulo un documentado traballo do xornalista ferrolán Jesús Vivanco sobre Radio Nacional e a propaganda nos primeiros anos da guerra desde Salamanca e Burgos con fotografías e documentos que se publican por vez primeira.
Mugardos ten unha dobre presenza en José Rubia Barcia e Josefina Galego na autoría de José Manuel Gonzalez Herrán e Xoan Rubia. Galicia e Lorenzo Varela na revista La Licorne na firma de María Antonia Pérez. A emigración a Cuba e Perú de Jorge Domingo Cuadriello e Jorge Andujar e o documentalista Liño J. Pazos sobre o mariño Manuel Deschamps.
A separata Especial da revista está dedicada monográficamente a José Canalejas con motivo do congreso realizado en Ferrol. No Internacional, temas sobre Europa, a prensa e o poder, a guerra, o Quijote, Manuel Altoaguirre, música e arquitectura e a visión dos intelectuais británicos sobre España. Iniciáse Cartulario, un novo apartado temático de reflexión e debate, onde dous especialistas ofrecen a súa visión da relixión desde a visión cristiá e doutras relixións e desde o dereito a emanciparse a toda autoridade teolóxica ou eclesiástica e desde documentación, a depuración dos profesores no réxime do xeneral Franco. Péchase a revista co poeta ferrolán-cubano Adolfo Marté e o Portafolio do fotógrafo Carlos Puga. Contén este número, debuxos inéditos do pintor Manuel Patinha.