Número 19
A variedade e calidade temática deste número, élle dada pola palabra de 55 colaboradores. Mantén as súas habituais seccións e incorpora o apartado de Documentación que recolle un traballo inédito do último presidente da II República Española no exilio, Fernando Valera. Hai unha notabilísima achega de voces e pensamento na Separata Especial dedicada a Julia Uceda que levanta e universaliza a súa creación con achegas literarias que se inician na cidade e outras veñen de Estados Unidos, Israel, Italia, etc.
Ferrol recibe un estudo de análise económica e empresarial de tres profesores das universidades de Noruega e A Coruña. O mesmo que un pormenorizado estudo sobre emigración-inmigración en Galicia. Unha historia persoal da Guerra Civil española está reflectida nos afáns dunha mugardesa que "revive" o seu paso polos cárceres franquistas.
Europa ocupa un lugar singular a través do pensamento do profesor López Pina que renova a súa actualidade unha vez máis coa crise de identidade que vive o continente. O apartado de creación está cuberto por dous poetas ferroláns: Xohana Torres y Fernando Álvarez.