Número 21

FerrolAnálisis 21, abre os seus contidos coa sección de Ferrolterra na que se funden a historia de personaxes, as institucións e os símbolos de Ferrol e comarca. Temos que destacar neste apartado, o rescate da figura do músico cedeirense Bernardo Freire, un interesante artigo sobre a heráldica de Ferrol e a historia de Escola de Pilotos da Armada Española en Ferrol (1758-1846).

Na sección de Galicia, reloce, entre outros textos, o estatuto galego do 36. O cal se entronca co apartado Internacional, que a través de 13 achegas abórdanse temas que van desde a II República até o futuro da Unión Europea. É a parte central, dedicada ao Estudo Monográfico, onde se localiza o eixo deste FA 21. A figura de Ramón Franco, irmán do Xeneral Francisco Franco, reivindícase a través dunha mirada múltiple á súa vida singular na que foi anarquista, parlamentario por Esquerra Republicana de Catalunya, primeiro aviador en cruzar o Atlántico Sur. Foi recoñecido e admirado nas Américas, descoñecido e ignorado polos seus paisanos, rexeitado e finalmente aceptado polo seu irmán.

Un tema de plena actualidade, a eutanasia, abórdase coa perspectiva de debate da sección Cartulario través de tres enfoques: bioético, relixioso e filosófico. Parte da obra fotográfica do ferrolán Manel, sela este número coa achega artística de cada número de FA.