Número 18

A música é a columna que sostén o peso deste número. Pepito Arriola é a figura principal, tanto que non é arriscado manifestar que o publicado aquí sobre a figura do neno prodixio e músico ferrolán é referencia para todo aquel que queira introducirse na apaixonante vida desta figura cun deseño materno que chegou a ser admirado alí por onde pousou as súas diminutas mans sobre o teclado do piano.

No apartado de Galicia destaca un artigo de Xosé Rubia Barcia dedicado precisamente a Galicia "Galicia: Mater Dolorosa". No internacional conta cunha colaboración de Antonio López Pina sobre o europeismo. No apartado de creación aparecen poemas de Eva Veiga e o Cartafol con fotos de Kiko Delgado. O Caderno é un libro sobre "La Armada Española y la Casa de Borbón, 300 años de história" de Diego Quevedo e Alejandro Anca.

Descargar