Número 17
A revista reafírmase no gran formato en canto a páxinas refírese. Presenta unha novidade en canto ao deseño de portada que consiste na inclusión da fotografía do personaxe a quen está dedicada a separata, neste caso trátase do insigne profesor Ernesto Guerra da Cal.
Hai un artigo moi interesante de Paul Preston sobre o materialismo. Ana Veiga Toscano fálanos sobre a muller, a música e a misoxinia. Existe perfecta diferenciación en canto á disposición da temática: apartados como o de Ferrolterra, separata, Galicia e intenacional, tamén o creativo, neste caso con poemas de Gladis Marcial e o Cartafol con fotos de Miguel Muñoz. O Caderno esta dedicado ao emblemático buque Galatea.