O curso de Pensamento
O Curso de Pensamento Español Contemporáneo nace en 1998 ao redor da figura do escritor e filósofo Carlos Gurméndez, quen en vida, chegou a converterse nun divulgador de luxo das actividades do Club de Prensa de Ferrol, cun apoio especial á revista Ferrol Análisis. Esta actividade que é unha das máis solicitadas dentro dos cursos de verán, celebrouse no convento de San Agostiño de Pontedeume ata a 15ª edición que foi cando o Club de Prensa mudou a sede polo campus universitario de Ferrol.
O Curso Gurméndez, co que colabora a Universidade da Coruña, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, mantén tamén todo o seu vigor coa programación de contidos que responden a actualidade nas respectivas convocatorias anuais.
Carlos Gurméndez, filósofo e periodista fundador de El País, foi tamén Embaixador de Uruguay en diversos países de Europa e é autor de máis de vinte libros sobre o amor e os sentimentos.
A 25ª Edición do Curso Carlos Gurméndez terá como fío condutor a configuración dunha nova orde mundial
Podes ler a noticia completa AQUÍ