Convocatoria 2024
O Club de Prensa de Ferrol convoca o 25º Curso de Pensamento Carlos Gurméndez. A 25ª Edición do Curso Carlos Gurméndez terá como fío condutor a configuración dunha nova orde mundial e terá lugar, os días 3, 4 e 5 de xullo no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol .
Está aprobada a homologación de 20 horas para o profesorado de ensinanzas non universitarias, de actividade de formación permanente. Pódese realizar a inscrición de maneira gratuita nesta mesma páxina.