Descripción del proyecto

Valentín Carrera participou nos “Encontros Bercianos en Ferrol”


Ferrol, 23 de xaneiro de 2020

“A sustentabilidade aplicada á economía de ambas as comarcas” foi o tema do primeiro dos Encontros Bercianos en Ferrol que, organizados polo Club de Prensa, tivo lugar o xoves 23 de xaneiro no Ateneo Ferrol. Coa participación de Eduardo Fra Molinero e a xornalista ferrolá, Patricia Hermida, Valentín Carrera compartiu as súas experiencias e reflexións sobre a sustentabilidade aplicada as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e as zonas do Bierzo castigadas polo peche das minas e da central térmica.

Valentín Carrera, incidiu en todo momento sobre os danos medioambientais que están a producir as empresas extractivas que co pretexto de xerar postos de traballo, obteñen grandes beneficios que non quedan na zona onde se extraen as materias primas e xeran graves danos ambientais e sanitarios, sen que cando remata a produción polos motivos que sexan, reestruturen os danos provocados.

Valentín Carrera, natural de Ponferrada é escritor e xornalista viaxeiro, escribe en EfeVerde, os blogs Horizonte Antártida e O pequeno é fermoso, especializados en ecoloxía, cambio climático e A Antártida, onde viviu oito meses como cronista das expedicións científicas. Apaixonado do Romanticismo e as humanidades dixitais, en 2014 crea e dirixe desde entón a Biblioteca Gil e Carrasco, adscrita á Universidade de León, na que editou as Obras Completas do escritor romántico Enrique Gil.