Presentado o libro no que Manuel Patinha rende tributo a “Álvaro”
O venres 12 de abril, o salon de actos de /Afundación de Ferrol, acolleu a presentación do libro de Manuel Patinha, “Álvaro”.
En “Álvaro”, Manuel Patinha rende tributo agradecido e cheo de agarimo á familia formada por Divina e Álvaro que conviviú co autor nun mecenago moi especial e que foi considerado como un “segundo nacemento” do artista, en cuia etapa desenrolou unha brilante carreira como pintor, escultor e gravador.
"Alvaro", a decir de Manuel Durán, que compatíu con Manuel Patinha a documentación e contextualización da narrativa, “es una historia en donde los valores humanos tienen gran protagonismo, llena de encanto y con algunos tintes de tragedia propios de una película que se esforzara en retratar al milímetro una realidad. Alrededor del eje que configuran el protagonista, Divina —su mujer— y el artista Manuel Patinha, gira un cuerpo de veinticinco años de vida conjunta, una tierna y amarga combinación de vivencias que en muchos casos se creerían imposibles. Pero habrá que adentrarse en el libro para conocer como es debido una excepcional vida humana, la de una persona fuera de lo común”.
No acto de presentación, organizado polo Club de Prensa de Ferrol, participaron Xulia Díaz, Mariano Durán, Esperanza Piñeiro de San Miguel e Manuel Patinha.
Manuel Patinha, Póvoa Sta Iria (Portugal) 1949.
Estuda na Escola Industrial de Vila Franca de Xira, para ingresar posteriormente como voluntario na mariña de guerra portuguesa. Viaxa por Europa, América e Africa. Despues de sufrir un duro accidente Patinha vén a España.Vive un tempo en Madrid, onde pinta acuarelas.
De formación autodidacta, colaborou activamente con Cruzeiro Seixas entre os anos setenta e oitenta. A finais dos oitenta emprázase definitivamente en Narón (Coruña), desde onde, tanto en España como en Portugal, gañouse un notable prestixio como pintor, escultor e gravador. A súa obra foi exposta ao longo e ancho de Galicia e Portugal, así como en Madrid, Barcelona, Francia, Italia e Brasil; e está presente en coleccións como as dos Concellos da Coruña, Narón e Lugo, as Universidades de Aveiro e A Coruña e diversos museos de Ourense, Vila Franca de Xira, A Coruña, Lisboa, Penafiel e Marbella.
Narón, e Ferrol tamén mostran obras de Manuel Patinha, quen xenerosmante creóu e donou a obra “As Ceibes”, que como monumento á Liberdade de Expresión, promovéu o Club de Prensa de Ferrol e o Colexio de Xornalistas de Galicia, loce no Cantón de Ferrol.