CO Centro de Maiores de Mugardos, acolle desde 11 ao 28 de abril a mostra da XXVII edición de “Galicia en Foco”
O Centro de Maiores de Mugardos, acolle desde este xoves a mostra correspondente á XXVII edición do certame, “Galicia en Foco” un percorrido polo mellor do fotoperiodismo galego. O premiado nesta ocasión foi o fotógrafo pontevedrés Javier Cervera pola imaxe “Bágoas que non apagan lumes”, tomada no municipio das Neves o 15 de outubro de 2018, cando as chamas arrasaron a maior parte daquela zona municipal.
A concelleira de Cultura, Lola González, destacou que a mostra permite repasar o acontecido no último ano en Galicia e move aos espectadores á reflexión sobre moitas noticias que esquecemos coa rapidez que impón a actualidade. A mostra reúne unha trintena de fotografías individuais e dez series. Unha destas series, titulada “Rapa das bestas” é obra de Javier Arcenillas, publicada no suplemento “Papel do Mundo”, foi merecedora dunha mención especial do xurado nesta edición do certame.
A exposición permanecerá aberta no Centro Social de Maiores de Mugardos até o próximo día 28 de abril.