Presentación do Nº 35 da Revista FerrolAnálisis en Mondoñedo


Ferrol, 17 de decembro de 2025

Nun acto presidido polo Alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero e o Bispo da Diócese Mondoñedo– Ferrol, Fernando García Cadiñanos, o Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo acollerá o vindeiro venres, 19 de decembro ás 13:00h, á presentación do Nº 35 da revista Ferrol Análisis.

FerrolAnálisis, a revista de pensamento e cultura que ven editando o Club de Prensa de Ferrol, grazas á colaboración da Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol, dedica no seu número 35, no capítulo “Vieiros de Irmandade” unha serie de temas relativos á cidade mindoniense e os lazos históricos que se foron tecendo entre Mondoñedo e Ferrol no XX aniversario do seu Irmanamento. Un aspecto que destaca a historiadora e directora da revista, Esperanza Piñeiro de San Miguel.

Tamén se recollen diversos e rigorosos estudos, entre os que se poden citar o relativo á “Formación e Rehabilitación da Cidade de Mondoñedo e os seus barrios históricos, (San Lázaro e os Muíños)” que analiza a arquitecta, Marta Candocia Acción; ou o dedicado a “Os Cantores do Nadal en Mondoñedo” do que é autor, Félix Villares Mouteira, deán da Catedral Mindoniense, ou o relativo ás singularidades do “Museo de la Catedral de Mondoñedo: custodios de una belleza sacra sin igual”  de Blanca Ruiz.

No acto participarán ademais do alcalde Mindoniense e o bispo de Mondoñedo-Ferrol, a presidenta do Club de Prensa, Julia Díaz, a directora da revista, Esperanza Piñeiro de San Miguel, a arquitecta, Marta Candocia, e o deán da Catedral, Félix Villares Mouteira.

A entrada ao acto é aberto ao público completar aforo.