Descripción del proyecto

Presentación do libro-disco Cantando a Carvalho Calero en Afudación de Ferrol


Ferrol, 31 de marzo de 2021

O Salón de actos de Afundación de Ferrol, acolleu o acto de presentación do libro-disco #Cantando a CarvalhoCalero, unha obra que é resultado dun proxecto promovido polo profesor José Luis Fernandez Carnicero, e contou co apoio da Xunta de Galicia.

Concibido como un recurso de grande interese para o ámbito educativo, nomeadamente para o profesorado de lingua galega e literatura e para o especialista en educación musical, un proxecto de gran vontade pedagóxica, a mesma que desenvolveu #CarvalhoCalero desde a súa faceta como docente, desde os anos de Fingoi ata o maxisterio que exerceu como primeiro catedrático universitario de lingua e literatura galegas.

No acto se recordou a Carvalho Calero, como grande amante da música, que foi sempre, na súa faceta de crítico literario, de que a poesía naceu ligada a esta arte, sendo moitas veces poesía musicada, de aí que sempre lle atribuíra gran relevancia ao acompañamento musical ao moderno rexurdimento da literatura galega.

Na presentación que comezou coa proxección dun vídeo homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, participaron, Julia Díaz Sixto, polo Club de Prensa de Ferrol como entidade colaboradora; Martinho Montero Santalha, profesor da Universidade de Vigo e especialista en Carvalho Calero; José Luis Fernández Carnicero, membro do grupo que pon a música ao libro disco, e Pura Galán Boutureira, representando á Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Ao rematar, Agualevada, grupo musical formado por José Luis Carnicero e Xico Paradelo interpretaron varios temas do libro-disco.

Carvalho Calero musicado

O libro-disco Cantando a Carballo/Carvalho Calero sae do prelo un ano despois de que a Real Academia Galega lle dedicase o 17 de maio ao autor ferrolán. A obra constitúe un recurso de grande interese educativo e é o resultado dun proxecto promovido polo profesor José Luis Fernandez Carnicero editado co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade Cultura de Galicia.

O seu título é o resultado da orixinalidade de 13 temas e a adaptación ao texto doutras tres. As cantigas, inspiradas en poemas, están interpretadas polo grupo musical Agualevada, unha formación que iniciou o seu andar polo mundo da música en 2019, xusto cando se coñeceu que Carvalho Calero sería o homenaxeado nas Letras Galegas de 2020.

Os seus autores son, ambos os dous profesores: Xico Paradelo, responsable das voces, e José Luis Fernández Carnicero, tamén compositor musical e pianista de influencia galega que combina coa himnoloxía propia de países europeos. O proxecto contou coa colaboración de varios expertos na obra do poeta, como Martinho Montero Santalha e Isaac Estraviz e a de Política Lingüística.

Fotos: Club de Presa de Ferrol