O Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene acolle ata o 30 de abril a exposición "Galicia en Foco"
O xoves 15 de marzo o Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene acolleu a inauguración da exposición das obras presentadas a XXVI edición de Galicia en Foco, nun acto no que participou o alcalde de Fene Juventino Trigo, quen salientou a importancia que o certame nado en Ferrol foi acadando en Galicia pola difusión e promoción do traballo dos fotoxornalistas galegos. A exposición poderase visitar, no salón de Plenos da Casa do Concello, até o vindeiro 30 de abril en horario: de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas.
O certame Galicia en Foco pretende amosar o labor da fotografía de prensa e difundila por toda Galicia. Este ano a mostra recolle os traballos de dezanove fotoxornalistas que participaron no concurso. Entre elas se atopa a fotografía titulada "Fuxindo do lume", realizada por Felipe Carnotto e publicada no Diario de Pontevedra, na que se reflexa a desesperación polos incendios forestais de outubro. Nesta edición o xurado tamén concedeu unha mención especial a Brais Lorenzo Couto.