Descripción del proyecto

O reitor da UDC, Julio Abalde, nas “Conversas no Parador de Ferrol”


Ferrol, 25 de abril de 2019

O reitor da UDC, Julio Abalde, participou o xoves 25 de abril nas Conversas no Parador de Ferrol, para informar aos xornalistas e convidados asistentes, mais polo miúdo da aprobación o pasado 3 de abril, polo Consello de Goberno da UDC de ampliar o Campus de Ferrol e do mapa de novas titulacións.

FERROL CIDADE UNIVERSITARIA

O reitor comezou sinalando a importancia da interacción entre a cidade de Ferrol e a Universidade. Do seu desexo de que Ferrol “ademais de ser coñecida como unha cidade departamental sexa coñecida como una cidade universitaria”. Que en definitiva, a Universidade formara parte da vida de Ferrol e que a cidade se dera conta que a universidade estaba aquí, e era unha das patas nas que se tiña que soster a sociedade para intentar lograr un impulso tanto no social como no económico, como no cultural.

ESTUDO DAS TITULACIÓNS DA UDC

Partindo destes principios e tras facer un estudo das diversas titulacións da UDC e dos campus, decidiuse apostar por facer en Ferrol un gran centro de enxeñería destinado a ser referente do norte de Galicia. Un centro que ademais de ter a única enxeñería naval en Galicia, apostara polo sector industrial no senso amplo, como o eólico, a robótica e todo o que está a configurar o desenrolo tecnolóxico.

Polo tanto, e con fin de levar a cabo estes obxectivos, e tendo en conta a normativa da Xunta de Galicia de 2011, que pon unha serie de condicións para que as titulacións das diferentes universidades podan continuar impartíndose, sobre todo a que determina que os campus periféricos teñen que ter 45 alumnos matriculados no primeiro curso, decidiuse poñer en marcha o Grado Industrial de Moda. É un grado pensado para formar profesionais de toda a cadea de valor de moda, que é un sector industrial moi importante en Galicia, que aporta o 20% do PIB galego e que ata o momento carecía de formación específica. No caso da Enxeñería Eléctrica, se impartirá unha modalidade dual, na que o 25% da formación se faga nunha empresa, na que ademais de formarse se aproveitarán as transferencias de coñecemento. No caso das Humanidades, cas titulacións de Información e Documentación e de Humanidades, se estudaron alternativas e para o vindeiro curso comezará a Xestión Dixital de Información e Documentación. Unha titulación que coida ten moito futuro pola demanda e necesidade crecente tanto no campo bibliotecario como no mundo da empresa en xeral, e que non se imparte en ningunha universidade española, agás a de Carlos III de Madrid. No caso da titulación de Humanidades estase a perfilar unha alternativa que non resulta fácil.

UNIFICACIÓN DO CAMPUS

Referíndose ao futuro do Campus de Ferrol con centros en Esteiro e en Serantes, o reitor sinalou os motivos que viñan aconsellando a súa reunificación en Esteiro. O reitor lembrou as moitas xestións realizadas para conseguir un edificio ou unha parcela nos arredores de Esteiro e agradeceu ao Concello de Ferrol as facilidades dadas neste sentido. Esta busca non deu froito pero a UDC localizou finalmente unha parcela de 1.500 metros cadrados colindante coa Avenida de Esteiro, Avenida de Vigo e rúa Naturalista López Seoane. A UDC comprará esta parcela ao Ministerio de Defensa por 1,2 millóns de euros a pagar en dez anos.

Esta parcela permitirá a construción dun gran edificio en dúas fases, segundo as posibilidades orzamentarias. Nunha primeira fase, construiranse 4.800 metros cadrados e o resto do espazo quedará como unha praza pública ata que se poida construír o resto do edificio, de 3.600 metros cadrados. Este edificio será a sede do Campus Industrial de Ferrol e acollerá laboratorios de investigación relacionados coa industria intelixente, o que permitirá desprazar laboratorios doutras zonas do campus, como Talleres Tecnolóxicos, e ubicar en Esteiro a Escola Universitaria Politécnica. O reitor explicou que se reorganizará o campus unha vez estea construído o edificio, en función das dispoñibilidades existentes. O edificio será a porta de entrada ao campus e ampliará a visibilización da Universidade na cidade.

Ademais, o reitor tamén anunciou o acordo co Ministerio de Defensa para a cesión do edificio Residencia de Batallóns, moi próximo ao campus, ao lado da Biblioteca do Patín, que será unha cesión por cinco anos con opción de compra. Este edificio, en moi bo estado de conservación, permitirá aliviar a carencia de espazo da biblioteca e tamén se usará como despachos de profesorado aínda que nun futuro, desexou o reitor, poderá ser empregado como residencia universitaria. Este edificio espérase que se poida comezar a usar xa no mes de setembro deste ano. Estas dúas actuacións, declarou o reitor Abalde, “amosan o compromiso e a aposta clara deste equipo de goberno por Ferrol e pola investigación que se realiza neste campus”.

Na imaxe, de dereieta a esquerda, Xulia Díaz, Julio Abalde, Araceli Torres e Germán Castro.