O Premio de Liberdade de Prensa do CPXG e o Club de Prensa de Ferrol deixará de levar o nome de José Couso
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, atendendo á petición expresa da familia Couso Permuy, retiran o nome de José Couso do Premio Internacional de Liberdade de Prensa que organizan.
O Premio Internacional de Liberdade de Prensa ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente. Cada ano, a candidatura gañadora é escollida por todos os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e os asociados do Club de Prensa de Ferrol.
En calquera caso, o galardón volverá a convocarse o vindeiro ano baixo unha denominación que aínda está por determinar.