Nicolás Vidal Obten o Premio de Xornalismo Luis Mera que acada a VI Edición


Ferrol, 20 de xullo de 2020

Reunido o xurado do VI Premio de Xornalismo Luis Mera, que convoca o Club de Prensa de Ferrol, formado por Xulia Díaz Sixto, Juan Barro e Antonio Luaces toma as seguintes decisións:

1º) Adxudicar o Premio ao traballo presentado por Nicolás Vidal baixo o título "Ferrol, a cidade pendurada dun guindastre", publicado na Revista Luzes do mes de marzo de 2019, pola análises da situación de Ferrol nas que amosa as características da súa clase política e cidadán, e as potencialidades que a cidade ten para que sexan os ferroláns os que protagonicen un futuro mais esperanzador.

2º) Adxudicar un accésit ao traballo presentado por Iolanda Teixeiro titulado “O lapis da memoria” por tratarse dun artigo de memoria recente sobre a antiga fábrica de lapis “Hispania” que chegou a un ser un referente en España co seu lapis de grafite Johann Sindel. O artigo foi publicado no Diario de Ferrol o 20 de agosto de 2019.

Dotado con 1.000€ de premio e trofeo conmemorativo, realizado polo artista Manuel Patinha, o Premio de Xornalismo Luis Mera se convoca anualmente por parte del Club de Prensa de Ferrol, co obxecto de estimular a calidade da produción xornalística na prensa escrita, na radio, na televisión ou na difusión dixital referida ás bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal.

A entrega do Premio será anunciada en breve e terá lugar no Parador de Turismo de Ferrol.